Realizarase unha avaliación continua da aprendizaxe, que consistirá en facer dous tipos de probas: por unha banda, dúas probas curtas para avaliar o traballo continuado de cada estudante; por outro, dous exames parciais, o primeiro deles cara á metade do cuadrimestre e o segundo ao final do mesmo. Estas probas non serán recuperables e só fornecen efectos na oportunidade ordinaria do curso actual. A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grao e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre. A cualificación da avaliación continua obterase como a media ponderada de todas as probas mencionadas: un 20 % do conxunto de todas as probas curtas (todas elas coa mesma ponderación) e un 40 % de cada un dos exames parciais, sempre que a nota media dos exames parciais non sexa inferior a 3,5. No caso contrario, a cualificación da avaliación continua será a nota media dos exames parciais. Calquera estudante poderá facer un exame final da materia (evaluación global), que versará sobre TODOS os seus contidos e que se realizará no período de exames fixado polo Centro. A cualificación final da materia será, neste caso, a nota obtida no devandito exame. Considerarase que se presenta á convocatoria calquera estudante que se someta a avaliación continua ou se presente ao exame final. Considerarase, á súa vez, que se presenta a avaliación continua calquera estudante que se presente ao segundo exame parcial. Unha vez se teña optado pola avaliación continua, a cualificación nunca será de non presentado. Quen non supere a materia na oportunidade ordinaria da convocatoria dispón dunha oportunidade extraordinaria consistente na realización dun novo exame final. Na convocatoria de fin de carreira a avaliación consistirá na realización dun único exame escrito, que versará sobre TODOS os contidos da materia. No caso de detección de plaxio en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito comunicaráselle á dirección do Centro para os efectos oportunos. |