Educational guide 2024_25
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Empresa: Fundamentos de empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Evaluarase os contidos das clases de teoría e de prácticas (40% a primeira proba e un 20% as prácticas). 60 B4
B8
C5
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba de todos os contidos da materia desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas. 40 B4
B8
C5
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofreceranse dous sistemas de avaliación: avaliación continua  e avaliación global ao final do cuadrimestre. En calquera dos dous sistemas de avaliación,  ésta é individual e tódolos resultados de formación e aprendizaxe, coñecementos e habilidades da materia quedan avaliados. 

1. Avaliación continua

A cualificación polo sistema de avaliación continua determinarase a partir das seguintes probas e actividades:

- Dúas probas. Realizaranse durante o período docente nas clases de teoría.  Cada unha delas constituirá o 40% da cualificación final da disciplina. A primeira proba non ten carácter liberatorio, é dicir, cada unha delas versará sobre os contidos vistos ata o momento de realización da proba, tanto en clases de teoría como de prácticas.

- Prácticas. As tareas encomendadas durante as prácticas supondrán o 20% da nota final da materia.

As datas das probas se planificarán na Comisión Académica de Grado e estarán dispoñibles ao principio do cuadrimestre. As probas non son recuperables é dicir, se o alumnado non as realiza no día estipulado a equipa docente non ten a obriga de repetirllas (a non ser que exista una causa de forza maior). Considerarase que o alumnado optou pola avaliación continua cando participa na segunda proba.

O alumnado que opte por avaliación continua e non supere a disciplina, non se poderá presentar ó exame final de avaliación global na convocatoria ordinaria.

2. Avaliación global

Ao alumnado que non opte pola avaliación continua se lles ofrecerá un procedemento de avaliación global que lle permita acadar a máxima cualificación. Este procedemento consistirá nun exame final que inclúa os contidos desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas.

3. Sobre a convocatoria extraordinaria

Para a convocatoria extraordinaria todo o alumnado será avaliado polo sistema de avaliación global.

4. Calificación de Non Presentado

O alumnado se considerará non presentado se, como máximo, participou na primeira proba de avaliación continua. En calquera outro caso, o alumnado se considerará presentado e recibirá a súa nota correspondente.

5. Sobre a convocatoria de fin de carreira

Consistirá nun exame sobre os contidos teóricos e prácticos da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000