Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Física: Fundamentos de mecánica e termodinámica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Resolución de preguntas relacionadas cos conceptos teóricos do temario, tanto de aula como de laboratorio. 10 B3
B5
B6
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios simples relacionados cos conceptos teóricos do temario.
Resolución de problemas que impliquen un ou varios conceptos teóricos.
70 B3
B5
B6
C3
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Realización de medidas reais ou simuladas. Elaboración dos resultados de medicións reais ou simuladas.

20 B3
B5
B6
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

(Esta é unha tradución, en caso de discrepancia ou desacordo, prevalecerá a versión orixinal en español.)

As normas de avaliación e cualificación comúns da Universidade de Vigo establécense en:

[RAUV] «Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado» (dispoñible en https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565)

Cada estudante convocado a unha proba de avaliación deberá comparecer nela cun documento oficial orixinal que acredite a súa identidade (DNI, NIE, pasaporte, carné universitario ou permiso de conducir español). [RAUV Art. 28.4]

No caso de que se detecte actuación fraudulenta na realización ou revisión dalgunha das probas de avaliación (copia, plaxio, suplantación, introdución ou uso de medios non permitidos polas normas e instrucións dos exercicios e probas de avaliación, alteración, subtracción ou destrución das mesmas, etc.) [RAUV Art.42]:

- A persoa ou persoas implicadas serán identificadas e expulsadas inmediatamente da proba de avaliación.

- Asignarase a cualificación final de cero puntos (suspenso) á persoa ou persoas implicadas.

- Elevarase á Dirección do Centro o informe preceptivo para a toma das accións disciplinarias e legais pertinentes.

1. OPORTUNIDADE ORDINARIA DE AVALIACIÓN

1.1. PROBAS INTERMEDIAS DE AVALIACIÓN CONTINUA

A planificación das probas de avaliación intermedia ficará dispoñíbel ao principio do cuadrimestre no que se imparte esta materia. Estas probas intermedias non son recuperables, é dicir, só se realizarán nas datas estipuladas.

As probas de avaliación continua que cada estudante non teña realizado cualificaranse con 0 (cero puntos).

Os exercicios corrixidos poderán ser revisados, solicitando titorías ao profesor correspondente, durante os catorce días seguintes á data de publicación das cualificacións.

Realizaranse catro probas intermedias:

1.1.1. EXAMES DE AVALIACIÓN CONTINUA (EC1 e EC2)

Exames escritos con preguntas, exercicios e problemas. (puntuacións EC1 e EC2 entre 0 e 2,5 puntos cada exame). Duración: nominalmente 1 hora) Nunha clase de teoría ou de problemas.

1.1.2. PRÁCTICAS DE LABORATORIO AVALIADAS (LC1 e LC2)

Exercicios prácticos de laboratorio con realización de medidas reais e elaboración dos resultados, consistentes na realización de unha sesión experimental de laboratorio, a elaboración individual (nos 30 minutos finais) dos resultados avaliables que se indican no guión da sesión e a entrega dos mesmos ao remate da clase (puntuacións LC1 e LC2 entre 0 e 1 punto cada exercicio).

1.2. EXAME FINAL

Exame escrito con tres partes opcionais:

E12F)

-Preguntas, exercicios e problemas correspondentes cos contidos de EC1 e EC2 (puntuación E12F entre 0 e 4 puntos).

-Se un estudante non realiza esta parte, asignarase á súa puntuación E12F a suma das de EC1 e EC2.

E3F)

-Preguntas, exercicios e problemas (puntuación E3F entre 0 e 4 puntos).

-Se un estudante non realiza esta parte, cualificarase con 0 (cero puntos).

LF)

-Problema de laboratorio con medidas reais ou simuladas e elaboración dos resultados (puntuación LF entre 0 e 2 puntos).

-Se un estudante non realiza esta parte, asignarase á súa puntuación LF a suma das de LC1 e LC2.

Duración 4 horas na data e lugar establecidos oficialmente para a materia no calendario de exames do centro.

1.3. CUALIFICACIÓN FINAL DA OPORTUNIDADE ORDINARIA DE AVALIACIÓN

Se un estudante non realiza ningunha das tres partes do exame final (§1.2), considerarase que non se presentou á oportunidade ordinaria de avaliación.

Calcularase unha puntuación combinada CCF como a suma das puntuacións das tres partes do exame final (§1.2).

A cualificación final FINAL_F será a menor de 10 puntos e CCF.

CCF = E12F+E3F+LF

FINAL_F = min{CCF, 10}

2. OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA DE AVALIACIÓN

2.1. EXAME DE RECUPERACIÓN

Exame escrito con tres partes opcionais:

E12R)

-Preguntas, exercicios e problemas correspondentes cos contidos de E12F (puntuación E12R entre 0 e 4 puntos).

-Se un estudante non realiza esta parte, asignarase á súa puntuación E12R a suma das de E12F.

E3R)

-Preguntas, exercicios e problemas correspondentes cos contidos de E3F (puntuación E3R entre 0 e 4 puntos).

-Se un estudante non realiza esta parte, asignarase á súa puntuación E3R a obtida en E3F.

LR)

-Problema de laboratorio con medidas reais ou simuladas e elaboración dos resultados (puntuación LR entre 0 e 2 puntos).

-Se un estudante non realiza esta parte, asignarase á súa puntuación LR a de LF.

Duración 4 horas na data e lugar establecidos oficialmente para a materia no calendario de exames do centro.

2.2. CUALIFICACIÓN FINAL DA OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA DE AVALIACIÓN

Se un estudante non realiza ningunha das tres partes do exame de recuperación (§2.1), considerarase que non se presentou á oportunidade extraordinaria de avaliación.

Calcularase unha puntuación combinada CCR como a suma das puntuacións das tres partes do exame de recuperación (§2.1).

A cualificación final FINAL_R será a menor de 10 puntos e CCR.

CCR = E12R+E3R+LR

FINAL_R = min{CCR, 10}

3. CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA

3.1. EXAME DE FIN DE CARRERA

Exame escrito con:

-Preguntas

-Exercicios

-Problemas

-Problemas de laboratorio (con medidas reais ou simuladas e elaboración dos resultados)

Puntuación FINAL_E entre 0 e 10 puntos.

Duración 3 horas na data e lugar establecidos oficialmente para a materia no calendario de exames do centro.

3.2. CUALIFICACIÓN FINAL DA CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA

A cualificación final FINAL_E será a obtida no exame de fin de carreira (§3.1).

4. CÁLCULOS E REDONDEO

I) Todos os cálculos indicados para obter as puntuacións realizaranse con unha resolución igual ou mellor que a centésima de punto (0,01 punto).

II)  As cualificacións finais redondearanse ao valor múltiplo de 0,1 punto (unha décima de punto) que lles sexa máis próximo; no caso de que os dous múltiplos de 0,1 punto máis próximos sexan equidistantes redondearase ao maior deles.

III) A cualificación final mínima necesaria para superar a materia é 5,0 puntos. [RAUV Art. 31]

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000