No caso de que a docencia sexa exclusivamente non presencial a planificación da materia seguirá sendo a mesma. A atención ao alumnado realizarase só por vía telemática utilizando as plataformas que a Universidade de Vigo porá ao servizo da comunidade universitaria. A avaliación será coincidente coa contida no punto 7 desta guía. As probas de control realizaranse todas de forma non presencial utilizando as plataformas antes citadas.
Finalmente, facilitaranse aos alumnos novos recursos bibliográficos dispoñibles nas plataformas telemáticas da Universidade de Vigo. |