Preténdese instruír ao alumnado na teoría dos xogos cooperativos e nas súas principais aplicacións. O programa aborda o estudo de diversos modelos coalicionales, distinguindo entre utilidade transferible e utilidade non necesariamente transferible, exemplos e aplicacións, solucións e as principais caracterizacións axiomáticas. O curso proporcionará ao alumnado unha perspectiva suficientemente ampla para iniciarse na investigación neste campo.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.