Juan Carlos Pardo Fernández (UVigo): 3 ECTS
Wenceslao González Manteiga (USC): 2 ECTS
O obxectivo desta materia é dar a coñecer as técnicas clásicas e recentes de contrastes de bondada de axustes para a distribución e para a función de regresión. Con este fin, analizaranse as metodoloxías máis importantes, que inclúen os contrastes baseados en procesos empíricos, os contrastes baseados en técnicas de suavización e outros tipos de contrastes como os baseados na correlación de distancias. Estudaranse os métodos máis coñecidos para resolver cada tipo de contraste, ao tempo que se buscará unha visión global sobre os múltiples traballos existentes dentro da temática desta mateira, de xeito que se desenvolva a capacidade para a búsqueda, comprensión e profundización en liñas máis específicas.