Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas
 Materias
  Redes e planificación
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
As clases seguiranse impartindo facendo uso do Campus Remoto ou teams mantendo tódolos contidos presentes na guía docente. As titorías realizaranse mediante correo electrónico e o despacho remoto.

O sistema de avaliación non sufrirá cambios na súa ponderación, salvo no caso do exame dos temas 1, 2 e 3 que se realizará en liña a través de moovi en lugar de ser presencial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000