De acordo coa organización das sesións expositivas e interactivas en función dos
temas (véxase apartado de metodoloxía docente), a avaliación da aprendizaxe realizarase como se detalla a continuación:
- Avaliación continua (exercicios, cuestións, pequenos proxectos): 40%
- Exame escrito: 60% (dous exames parciais, 30% cada un deles)
Na segunda oportunidade de avaliación (recuperación), efectuarase un exame e a
nota final será o máximo de tres cantidades: a nota da avaliación ordinaria, a nota
do novo exame, e a media ponderada do novo exame e a avaliación continua.
Presentación á avaliación: considérase que o alumno concorre a unha convocatoria
cando participa en actividades que lle permitan obter, polo menos, un 50% da
avaliación final.