Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Planificación financeira
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba de exercicios 40
Práctica de laboratorio Caso feito na aula de laboratorio 40
Presentación Presentación 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos poderán optar entre avaliación continua (100% nota final) ou ben avaliación global da materia (proba final das convocatorias oficiais (100% da nota final).

As diferenzas entre sistemas de avaliación entre os distintos centros que imparten o Grao en Administración de Empresas na Universidade de Vigo están xustificados pola necesaria adaptación a medición da consecución dos mesmos resultados de aprendizaxe e adquisición de iguais competencias ás diferentes organizacións docentes de cada Centro, especialmente en canto a tipo de grupos e número medio de alumnos por grupo. 

Prazo renuncia avaliación continua: sen prazo, por correo a pcibran@uvigo.es.

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

Con independencia do sistema de avaliación elixido, poderá sempre optar á máxima cualificación.

AC. En caso de non renunciar á avaliación continua:

a. avaliación: partes, probas en cada parte: teoría: 40%, entrega traballo ; prácticas: 40%, entrega traballo; presentación traballos: 20%

b. nota mínima en cada parte: non procede

c. nota mínima para aprobado: a mitade da evaluación

d. Prácticas obrigatorias todas/parte: non

e. Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade.

f. Se procedese AC en segunda oportunidade, especificar tamén tipos de probas, ponderación, nota mínima en cada parte e nota mínima para aprobado: non procede

AG en primeira oportunidade (convocatoria de febreiro I cuadrimestre/convocatoria de maio-xuño II cuadrimestre). O alumnado será avaliado mediante proba de avaliación global, valor 100%.

• AG na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoria de Fin de Carreira, o alumnado será avaliado mediante proba de avaliación global, valor 100%

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado

(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa )

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

O alumnado ten dereito a ser avaliado ainda que non asistise as prácticas.

A asistencia a clase non se valora.

As prácticas non son de obrigatoria asistencia.

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun exame final que supoñerá o 100% da cualificación. Tamén na segunda convocatoria.
Na convocatoria de Fin de carreira, o exame supoñerá o 100% da cualificación.

Condutas inadecuadas e prexudiciais para o normal funcionamento da clase e da convivencia poderán carrexar sancións. Este esquema de avaliación é valida para todas as convocatorias. 

As datas dos exames da materia poderán ser
consultadas na páxina web da Facultade http://fccee.uvigo.es

Tutorías: Moovi, solicitude previa correo pcibran@uvigo.es

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000