Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Macroeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Para levar a cabo a avaliación continua realizaranse ao longo do curso tres probas sobre os diferentes temas que inclúe a materia. O valor de cada unha das probas será do 20%, 40% e 40%. 100 A2
A3
A4
A5
Exame de preguntas de desenvolvemento Avaliación global que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames. A proba de avaliación global avaliará toda a materia exposta ao longo do curso. 100 A2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria ordinaria e de 2ª oportunidade:

Hai dúas modalidades alternativas:

MODALIDADE AVALIACIÓN CONTINUA

Para
levar a cabo a avaliación continua realizaranse ao longo do curso dúas probas parciais que pesarán, cada unha, un 40% da nota final e un control que pesará en total un 20%.

Para aprobar a materia na modalidade de avaliación continua, a calificación total obtida ha de ser maior ou igual a 5 puntos (sobre 10), sendo ademáis imprescindible obter e cada unha das dúas probas parciais unha puntuación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10)

No
caso de que a media ponderada do tres probas sexa maior ou igual a 5 puntos,
pero non se alcanzou a nota mínima esixida de 4 puntos en cada unha das dúas probas parciais, a calificación final será dun 4.

 MODALIDADE AVALIACIÓN GLOBAL

Alternativamente
ao sistema de avaliación continua, o alumno poderá optar a ser avaliado cunha
proba de avaliación global que suporá o 100% da calificación. Esta proba
de avaliación global evaluará toda a materia exposta ao longo do curso
e terá lugar na data oficial establecida no calendario de examenes.
Dita proba calificarase nunha escala de 0 a 10 puntos. Para
aprobar a materia será preciso obter unha nota igual ou superior a 5
puntos sobre 10
.

O alumnado que decida ir pola modalidade de avaliación global deberá comunicalo ao profesor antes da data na que se realice a primeira proba de avaliación continua ou no seu caso, de producirse, cando o comunique o decanato. O alumnado que realice a primeira proba de avaliación continua non poderá cambiar logo á modalidade de avaliación global. 

Convocatoria
Fin de Carreira:

Na
Convocatoria de Fin de Carreira o exame suporá un 100% da calificación. Para
aprobar a materia será preciso obter unha nota igual ou superior a 5 puntos
sobre 10 no exame de devandita convocatoria, que terá lugar na data
oficial establecida no calendario de exames.

As datas dos exames da materia poranse consultar na páxiina web da facultade
http://fccee.uvigo.es

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000