O sistema de avaliación continua é o preferente, segundo as indicacións
da Universidade, e implica atender as clases de docencia teórica e as
prácticas coas súas respectivas probas, que deben ser superadas. O alumnado pode pode comunicar ao profesor a súa renuncia á avaliación continua ata o 15 de outubro e optar dese modo á avaliación global
Avaliación continua: Nas clases prácticas realizaranse probas e/o traballos, consistentes na revisión, comprensión e exposición dunha obra de referencia sobre economía política por parte de cada alumno, que computará un 40% da nota final da materia. Ademais, haberá dúas probas parciais que suporán cada unha delas o 30% da nota final. É necesario superar tanto a parte práctica como a teórica para superar a materia. O profesor asignará a cada alumno/a a tarefa que desenvolverá ao longo do curso nas clases prácticas (indicándolle a obra de referencia que lle corresponde a cada alumno/a). Avaliación global: Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o/a estudante poderá optar a ser avaliado/a cunha proba de avaliación global que supoñerá o 100% da cualificación. Estes criterios de avaliación manteranse para todas as convocatorias do curso académico. Na convocatoria de fin de carreira, o exame supoñerá o 100% da cualificación. Os horarios de titoría figurarán no Moovi da materia. As solicitudes cursaranse por correo electrónico.
As datas de exames deberán ser consultadas na páxina web da Facultade: http://fccee.uvigo.es/ |