O obxectivo principal da materia Macroeconomía II é mostrar os alumnos cómo plantexar de xeito riguroso, á vez que sinxelo, as principais cuestións macroeconómicas. As discusións vanse centrar en torno a modelos concretos que intentan describir o comportamento da economía no longo prazo, onde se discuten os efectos que as distintas medidas de política económica teñen sobre as distintas variabeis macroeconómicas. Un aspecto crucial a destacar é o papel que os distintos supostos de partida desempeñan nas conclusións de cada un dos modelos analizados. O programa de macroeconomía II parte dos contidos previamente analizados en Macroeconomía I, para a continuación introducir sucesivamente unha serie de liñas de ampliación dos modelos alí contemplados. En concreto na materia de Macroeconomía II abordaranse as problemáticas económicas relacionadas con el crecimiento económico.