Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Econometría II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral - Preguntas aleatorias sobre conceptos vistos en clase ou en cursos previos: 20%

- Exercicios a entregar: 20%

- Participación en clase: 2.5%

- Proba final: 25%
67.5 C1
C8
C10
C12
D1
D2
D4
D5
D6
D7
Prácticas con apoio das TIC -Exercicios a entregar: 30%

-Participación en clase: 2.5%
32.5 C1
C8
C10
C12
D1
D2
D4
D5
D6
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


  • En cada convocatoria, o/a estudante poderá elixir ser
    avaliado mediante o sistema de Avaliación continua (AC), ou
    alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A
    avaliación por defecto é a AC
    . O alumnado poderá renunciar á avaliación continua e optar pola avaliación global en calquera momento antes de finalizar as clases, comunicándollo ao profesor da materia. A elección de AG supón a
    renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que
    resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa
    tiveron lugar.



     



    Avaliación continua (AC):



    • A asistencia a clase é
      obrigatoria
      para todos aqueles que opten pola evaluacion continua.

    • Primeira oportunidade
      (convocatoria ordinaria): A cualificación final será a suma ponderada das
      notas correspondentes as actividades descritas anteriormente.



    •  Segunda oportunidade (convocatoria
      extraordinaria xuño/xullo): A cualificación final será a suma ponderada da
      nota da avaliación continua obtida en primeira convocatoria (30%) e unha proba
      final (70%) que se realizará na data oficial da proba de AG (segunda
      convocatoria).  


     



    Avaliación global (AG, en caso de renunciar á
    avaliación continua):



    • Primeira
      oportunidade (convocatoria de xaneiro) e segunda oportunidade
      (convocatoria extraordinaria de xullo): o 100% da nota total obtense a
      través dunha proba final global.


    Na convocatoria Fin de Carreira, o 100% da nota total
    obtense a través dunha proba final global.



    As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda
    oportunidade) e da convocatoria de Fin de Carreira son as especificadas no
    calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o
    curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames,
    prevalecerán as publicadas na web da facultade,
    http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.



    Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de
    medios ilícitos), do Regulamento
    sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de
    aprendizaxe do estudantado
    .



As tutorías personalizadas se solicitaran por correo electrónico e seran en persoa ou online, segun a necesidade do alumno.



Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000