Resolución de problemas |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados co algunha parte da materia. O alumno/a debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. |
45 |
|
B1 B5
|
C6 C8 C16
|
|
As diferenzas entre os sistemas e metodoloxías de avaliación entre os distintos centros que imparten o Grao en Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Vigo, xustifícanse pola necesaria adaptación na medición da consecución dos mesmos resultados de aprendizaxe e da adquisición de iguais competencias aos diferentes organizacións docentes de cada Centro, especialmente no que se refire ao tipo de grupos, e ao número medio de alumnos por grupo. A nota final do curso (para primeira y segunda oportunidade) será a maior de: a) A suma das notas obtidas mediante a avaliación continua: traballo tulelado (cunha ponderación do 15%), proba 1 (cunha ponderación de 15%), proba 2 (cunha ponderación de 15%), proba 3 (cunha ponderación de 15%) e proba 4 (con ponderación de 40%). A proba 4 coincidirá coa data da avaliación global oficial dacordo co calendario da Facultade. b) A nota obtida na proba de avaliación global. As datas e horarios das probas de avaliación global das diferentes convocatorias serán as aprobadas pola Xunta de Centro para o curso 2024-2025 e poden ser consultadas na páxina Web da Facultade (http://fccee.uvigo.es) |