Lección maxistral |
Para cada tema o docente presentará na aula as cuestións mais relevantes e formulará a metodoloxía a seguir para interpretar as consecuencias e efectos prácticos da norma tributaria. Posteriormente o alumno deberá revisar de xeito autónomo os contidos expostos. |
Prácticas con apoio das TIC |
As sesións prácticas en aula informática faránse de xeito individualizado e consistirán na resolución dun caso práctico empregando as aplicacións informáticas da Axencia Tributaria.
Para o seu desenvolvemento o alumnado disporá previamente do enunciado do caso na Plataforma Virtual. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
Cada semana, despois da sesión maxistral, abriráse un formulario práctico dixital (de resposta curta ou test) na Plataforma Virtual, relativo aos contidos desenvoltos na sesión maxistral e na práctica.
Trátase de actividades non presenciais que posibilitan o seguimento e avaliación do alumnado, que deberá responder nos prazos sinalados. |