Lección maxistral |
Na clase maxistral exporanse e explicarán os aspectos máis relevantes dos distintos temas que integran o programa da materia. O obxectivo é que ditas clases constitúan unha base de coñecemento que deberá ser completada por outras vías, tales como a realización de casos prácticos, actividades de seminario, lecturas recomendadas, estudo persoal, etc. |
Prácticas de laboratorio |
As clases prácticas consistirán, principalmente, na resolución de problemas xurídicos que xurdan
dun suposto práctico. Nelas terase a oportunidade de profundar nos distintos temas que integran o programa da materia. Deberanse manexar directamente os textos legais, e responder de forma fundada ás distintas cuestións expostas en relación cos problemas que se susciten.
Tamén se procederá á contestación escrita de cuestionarios de distinto formato
relativos á materia explicada nas sesións maxistrais. |