Resolución de problemas e/ou exercicios |
SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA:
Realizaranse tres probas no cuadrimestre, cunha ponderación do 30%, 30% e 40%, respectivamente.
A última proba celebrarase o mesmo día que a data oficial da avaliación global da primeira oportunidade.
A nota final é a media ponderada das tres probas. |
30, 30 y 40 |
|
B1 B2
|
C7 C9 C12 C13
|
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL:
Proba presencial única, na data oficial da primeira oportunidade e da segunda oportunidade. |
100 |
|
B1 B2
|
C7 C9 C12 C13
|
|
O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistemade avaliación continua ou, alternativamente, optar por unha única proba de avaliación global. A avaliación por defecto é a avaliación continua. Non obstante, ó inicio da terceira e última proba de avaliación continua o alumnado poderá renunciar ao dereito de seguir avaliándose por este sistema, renunciar á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar e elexir, definitivamente, o sistema de avaliación global. Con independencia do sistema de avaliación elixido, o alumnado poderá sempre optar á máxima cualificación. En caso de non renunciar á avaliación continua: - A nota mínima para aprobar a materia é de 5 puntos.
- A primeira proba ten un peso do 30% na nota final. Esíxese un mínimo de 5 puntos sobre un máximo de 10. Realízase a metade do cuadrimestre, evaluando competencias financeiras básicas dos catro primeiros temas do programa.
- A segunda proba ten un peso do 30% na nota final. Esíxese un mínimo de 5 puntos sobre un máximo de 10. Realízase a final do cuadrimestre, evaluando competencias financeiras básicas dos restantes temas.
- A terceira proba ten un peso do 40% na nota final. Calificación máxima de 10 puntos. Realízase o mesmo día de data oficial de AG de primeira oportunidade. Se evalúan competencias financeiras de nivel intermedio e avanzado do programa.
- A nota final é a media ponderada das tres probas.
- Considerarase que o alumnado participa na avaliación continua cando se teña presentado a mais dunha proba desta modalidade.
Avaliación global (en primeira oportunidade, en segunda oportunidade e, obrigatoriamente, en Fin de Carreira): - A nota mínima para aprobar a materia é de 5 puntos.
- A proba é presencial e consta de tres partes que avalían, respectivamente, competencias financeiras básicas, intermedias e avanzadas.
- Coa primeira parte da proba pódese conseguir ata 6 puntos e coas dúas partes restantes ata 4 puntos máis, podendo acadar unha puntuación máxima de 10 puntos.
O estudantado que non participen na avaliación continua ni tampouco na avaliación global figurará nas actas como Non presentado. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ) As datas e horas das probas de avaliación global (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. |