Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Matemática das operacións financeiras
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA:
Realizaranse tres probas no cuadrimestre, cunha ponderación do 30%, 30% e 40%, respectivamente.
A última proba celebrarase o mesmo día que a data oficial da avaliación global da primeira oportunidade.
A nota final é a media ponderada das tres probas.
30, 30 y 40 B1
B2
C7
C9
C12
C13
Resolución de problemas e/ou exercicios SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL:
Proba presencial única, na data oficial da primeira oportunidade e da segunda oportunidade.
100 B1
B2
C7
C9
C12
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistemade avaliación continua ou, alternativamente, optar por unha única proba de avaliación global. A avaliación por defecto é a avaliación continua. Non obstante, ó inicio da terceira e última proba de avaliación continua o alumnado poderá renunciar ao dereito de seguir avaliándose por este sistema, renunciar á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar e elexir, definitivamente, o sistema de avaliación global.

Con independencia do sistema de avaliación elixido, o alumnado poderá sempre optar á máxima cualificación.

En caso de non renunciar á avaliación continua:

  • A nota mínima para aprobar a materia é de 5 puntos.
  • A primeira proba ten un peso do 30% na nota final. Esíxese un mínimo de 5 puntos sobre un máximo de 10. Realízase a metade do cuadrimestre, evaluando competencias financeiras básicas dos catro primeiros temas do programa.
  • A segunda proba ten un peso do 30% na nota final. Esíxese un mínimo de 5 puntos sobre un máximo de 10. Realízase a final do cuadrimestre, evaluando competencias financeiras básicas dos restantes temas.
  • A terceira proba ten un peso do 40% na nota final. Calificación máxima de 10 puntos. Realízase o mesmo día de data oficial de AG de primeira oportunidade. Se evalúan competencias financeiras de nivel intermedio e avanzado do programa.
  • A nota final é a media ponderada das tres probas.
  • Considerarase que o alumnado participa na avaliación continua cando se teña presentado a mais dunha proba desta modalidade.

Avaliación global (en primeira oportunidade, en segunda oportunidade e, obrigatoriamente, en Fin de Carreira):

  • A nota mínima para aprobar a materia é de 5 puntos.
  • A proba é presencial e consta de tres partes que avalían, respectivamente, competencias financeiras básicas, intermedias e avanzadas.
  • Coa primeira parte da proba pódese conseguir ata 6 puntos e coas dúas partes restantes ata 4 puntos máis, podendo acadar unha puntuación máxima de 10 puntos.

O estudantado que non participen na avaliación continua ni tampouco na avaliación global figurará nas actas como Non presentado.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa )

As datas e horas das probas de avaliación global (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000