O alumnado poderá elixir entre dous tipos de evaluacións. A -AVALIACIÓN CONTINUA: O alumnado poderá renunciar a Avaliación Continua (AC), no prazo establecido, densde o 11 de setembro ao 13 de outubro ás 14 horas, no curso vixente. É necesario e obrigatorio formalizar a renuncia por escrito e comunicalo ao profesorado da materia. A asistencia as clases prácticas é obrigatoria. As sesións de prácticas son 8 e cada sesión é de 2 horas e 30 minutos. A nota final do curso será a nota obtida nas probas realizadas nos seminarios durante o cuatrimestre, con unha ponderación sobre o total dun 60% (ningunha superará o 40%) e a calificación obtida na última proba, que coincidirá coa data de Avaliación Global (AG) con unha ponderación dun 40% do total. B- AVALIACIÓN GLOBAL: O alumnado que elixe a modalidade de Avaliación Global (AG) terá que realizar unha proba final escrita que suporá o 100% da cualificación numérica de 0 a 10. Esta modalidade (AG) conleva a obriga de realizar as prácticas e subilas a plataforma docente, onde se estableceráun grupo específico de alumnos de "Renuncia a AC", xa que a proba final escrita consta das partes que conforman a materia, a teoría e a práctica. Para superar a materia é imprescindible obter un 5 en cada unha delas. Na Convocatoria de Fin de Carreira a proba escrita suporá o 100% da calificación. A materia que integra esta convocatoria é a desenvolvida no curso vixente. As datas e os horarios das probas de avaliación nas diferentes convocatorias e oportunidades son as especificadas no calendario da página web da Facultade.http://fccee.uvigo.es O estudiantado ten dereito a titorías nos horarios publicados na plataforma docente moovi. É necesario concertar unha cita de títoría ao profesorado que imparte a materia por correo electrónico. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa |