=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
As prácticas externas curriculares deberán desenvolverse en condicións de seguridade, de autoprotección e de distanciamento físico e en función da normativa vixente e do estipulado no correspondente Convenio de cooperación educativa. Durante os períodos de docencia mixta ou non presencial, poderán desenvolverse total ou parcialmente baixo a modalidade telemática e sempre o programa formativo o permita.
|