Serán aqueles ofertados no laboratorio, departamento, area ou planta da institución receptora do alumno. Os contidos sobre Bioloxía Mariña serán os manexados no centro receptor, previo acordo entre o alumno, o titor interno e o titor externo. A temática ofertada para realizar as prácticas externas será variada, para cubrir as distintas aspiracións formativas do alumno i.e. biotecnoloxía mariña, xestión de pesqueiras, contaminación costeira e bioremediación, avaliación de recursos, etc. |
A liña de traballo concreta na que se intergrará o alumno no centro receptor, manexará elementos, procesos e conceptos afíns aos ensinos do título, en sentido ámplio e multidisciplinariamente. O background obtido no primeiro ano do título, permite adaptarse a calquera disciplina esixida na empresa, centro ou institución de acollida de alumnos en prácticas externas. A ampliación de temas durante as prácticas, conta co apoio ao alumno dos seus titores interno e externo, para asegurar a adecuada formación do mesmo. |