Nesta materia expóñense os principios biolóxicos que rexen o desenvolvemento dos organismos mariños. O curso profunda en:
1) A bioloxía da reprodución, do desenvolvemento e organoxénesis das especies animais mariñas.
2) Nos mecanismos celulares xenerais que subxacen aos procesos de diferenciación e desenvolvemento.
A docencia desta materia inclúe clases maxistrais, resolución de cuestións e outras actividades propostas polo profesorado. Nas clases maxistrais explicaranse os conceptos que se enuncian no temario da materia. Os exercicios e actividades permitirán resolver, debater e argumentar sobre cuestións de interese xeral e actual no campo da bioloxía do desenvolvemento.