Guia docente 2024_25
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Pesquería e Explotación de derivados da Pesca
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Aínda que o contido da guía está inicialmente deseñado desde a perspectiva dun escenario de NORMALIDADE ADAPTADA (MODALIDADE PRESENCIAL), podería ser necesario, dependendo do que diten as autoridades e o Reitorado en canto ao
aforo permitido nas aulas, recorrer ao uso das aulas INTEGRA para a docencia teórica (DOCENCIA MIXTA), mantendo en todo caso a planificación da docencia e as metodoloxías docentes e de avaliación (incluídos as súas respectivas porcentaxes) que figuran na guía.

ESCENARIO ALTERNATIVO

No caso de que a situación sanitaria provoque o peche temporal do Centro ou a corentena da clase pola aparición dun brote de COVID-19, impartiranse os contidos de forma NON PRESENCIAL. Para iso empregarase o Campus Remoto
habilitado pola Universidade para este tipo de situacións e a plataforma de teledocencia Moovi.

Dado que as aulas virtuais do Campus Remoto ou sistemas similares permiten non só impartir as leccións maxistrais por parte do profesorado senón tamén realizar exposicións por parte do alumnado (estudo de casos), neste escenario manteranse tamén a planificación da docencia e as metodoloxías docentes e de avaliación (incluídos as súas respectivas porcentaxes e comentarios adicionais) recollidas na Guía Docente orixinal (modalidade presencial).

Atención ao alumnado

Durante o tempo que dure a docencia non presencial as sesións de titoría realizaranse exclusivamente por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de FAITIC, etc) con cita previa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000