=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías de ensino que se modifican
Caso semipresencial: Tanto as clases teóricas como as prácticas serán seguidas de forma mixta na clase por un pequeno grupo de alumnos (o alumnado rotará neste grupos presenciais), e telematicamente polo resto, sempre que se supere a capacidade máxima permitida na aula docente.
Caso non presencial: Tanto as clases teóricas como as prácticas serán impartidas electrónicamente seguindo o horario establecido no calendario académico, deixando todo o material dispoñible en FAITIC e/ou por correo electrónico.
* Mecanismo de non asistencia para o estudante (titorías)
Todas as titorías realizaranse en grupo ou individualmente empregando o campus remoto seguindo as horas indicadas polo centro ou acordando previamente datas e horas cos estudantes por correo electrónico.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
- Modalidade mixta: non se modifican.
- Modalidade non presencial: As probas realizaranse de forma virtual empregando os mecanismos existentes (campus remoto e FAITIC). |