Dadas as características do Máster, que se imparte en condicións normais en modo de docencia mixta, con parte do estudantado presencial e parte online, non son necesarias adaptacións particulares ante a situación de docencia mixta. No caso de docencia non presencial, simplemente, pasará a totalidade do estudantado ao modo online
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Polas razóns anteriormente descritas, mantéñense as metodoloxías docentes no seu maior parte, con excepción do paso a docencia online da totalidade do estudantado no modo non presencial.
Dado que até a data non se dispón dunha plataforma docente que permita o acceso dos estudantes de todas as universidades participantes, continuarase utilizando un espazo en dropbox no que colocarán todos os materiais do curso.
* Metodoloxías docentes que se modifican
No modo non presencial, a docencia teórica e impartirá a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo, nas aulas que se asignen para tal fin por parte da Facultade de Bioloxía.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Tanto no modo normal, como no mixto e non presencial, este curso habilítanse as titorías online a través do despacho virtual dos profesores no Campus Remoto.
* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir
Non se contemplan modificacións nos contidos a impartir dependendo do modo de docencia vixente.
* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Non se contemplan modificacións na bibliografía dependendo do modo de docencia vixente.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non se contemplan adaptacións na avaliación en función o modo de docencia vixente |