Foros de discusión |
Actividade desenvolvida nun medio virtual na que se debaten temas diversos
relacionados co ámbito académico e/ou profesional. |
10 |
|
|
C31
|
D3
|
Traballo |
TRABALLOS E PROXECTOS:
O estudante presenta o traballo de elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias,
ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita |
50 |
|
B1 B4 B6 B7 B9 B11 B18
|
C1 C3 C4 C7 C8 C9 C10 C12 C21 C24 C30 C31
|
D1 D2 D3
|
MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA
- Para acadar unha avaliación continua positiva, dada a modalidade de ensino
presencial do Master, esíxese a todo o alumnado unha asistencia presencial dun
mínimo do 80% das sesións (admisible a falta do 20% das horas) ademais da
realización e entrega de tarefas ponderables.
- Os prazos de entrega das actividades, traballos, etc. serán comunicados
na clase no momento oportuno. É necesario respectalos estritamente para ser
cualificados na avaliación continua.
MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL
- O alumnado que non obteña unha avaliación continua positiva sobre os parámetros
expostos anteriormente, poderá presentarse a unha proba escrita (data marcada
no calendario do mestrado para exames oficiais) sobre todos os contidos
traballados. Esta proba estará baseada na rigurosidade e profundización dos
coñecementos e competencias acadadas polos alumnos/as na materia e terá unha ponderación
de 10 puntos (100% da nota final).
OUTRAS OBSERVACIÓNS:
As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade de
Ciencias da Educación, no espazo "datas":
http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exames/
En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás
necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao
programa PIUNE (PAT)
Coa
finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica,
os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación
adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a
consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste
documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se
informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento
desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.
|