Se non se dispón de aula de informática dotada de ordenadores para cada alumna/o, será necesario acudir ás sesións presenciais con ordenador portátil ou dispositivo que permita o acceso a internet e o emprego de ferramentas de creación de contidos e recursos educativos. Nese caso, o alumnado deberá ter acceso á rede wifi da Universidade de Vigo e será esencial que consulte os materiais e novidades a través da plataforma MooVi.
Recoméndase o emprego habitual dos servizos proporcionados polas bibliotecas da Universidade de Vigo (referencia, consultas, empréstito, etc.).
A persoa docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial (IA) sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da persoa docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola persoa docente.
|