CRITERIOS PARA AAVALIACIÓN CONTINUA ● RESOLUCIÓNDE PROBLEMAS DE FORMA AUTÓNOMA 20% ○ Participouse amosando interese, puntualidade, realizando cuestións en clase e participando de forma activa no rol playing de simulación de clases.
● TRABALLO TUTELADO (Programación didáctica, que inclúa unha U. Didáctica): 40%
● PRESENTACIÓN (Exposición oral da Unidade Didáctica, cunha presentación audiovisual): 40% ○ Levouse a cabo unha exposición oral de calidade dos principais aspectos da Programación Didáctica (20%) e outra da Unidade Didáctica (20%). Cada unha das exposicións deberá apoiarse cunha presentación audiovisual
A cualificación será a suma das puntuacións obtidas (media ponderada). Requírese un mínimo de 5/10 en cada un dos instrumentos para poder aprobar a materia. CRITERIOS PARA A AVALIACIÓN GLOBAL Destinatarios: alumnado que perda o dereito á
avaliación continua por ter superado o 20% de faltas de asistencia ou aquel que
non superou a avaliación continua durante o período ordinario das clases e que,
polo tanto, deba asistir ao “exame” na data establecida pola universidade.
Data de entrega e realización: con anterioridade á
data e hora marcada pola UVigo para o “exame”, o alumnado terá que subir a
Moovi unha Programación Didáctica que inclúa a confección dunha unidade
didáctica completa. O día e hora do “exame” realizará o cuestionario e a
exposición oral da unidade didáctica (cunha breve introdución sobre a PD).
Instrumentos de avaliación e criterios de
cualificación: serán similares aos expostos para os asistentes con dereito á
avaliación continua, coas seguintes especificacións:
● TEST: 30% (cada erro penaliza 0.25/1) ● PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CUNHA UD: 30% ● DEFENSA ORAL DA PD E DA UD: 40%
A cualificación será a suma das puntuacións
obtidas (media ponderada). Requírese un mínimo de 5/10 en cada un dos
instrumentos para poder aprobar a materia.
|