Aprendizaxe e Ensinanza dos Módulos das Familias Profesionais do Sector Primario e Secundario
Código
V02M066V07228
Titulación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Formación Profesional. Sector Primario e Secundario
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
12
OB
1
2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
González González, Salvador Guillermo
Correo-e
salva@uvigo.es
Profesorado
González González, Salvador Guillermo
González Pazos, José Manuel
Martínez Méndez, Manuel
Web
Descrición xeral
A transmisión da cultura é un dos aspectos máis importantes e máis preocupantes para unha sociedade. Do que falamos é da tarefa de pasar, dunhas xeracións a outras, o coñecemento acumulado: saberes e técnicas, valores e crenzas, coñecementos, modos, maneiras, costumes, etc. Cumpre esta tarefa unha dobre misión: socializar aos novos membros dunha comunidade e garantir que os coñecementos non se perdan e contribúan ao mantemento da sociedade no futuro.
Canto máis complexa sexa unha sociedade máis se complica, á súa vez, a maneira de transmitir a cultura. Aínda que as sociedades teñen multitude de mecanismos para educar, necesitan estruturar, ordenar, planificar en definitiva, as fórmulas adecuadas para facer realmente efectiva esa tarefa.
Nunha sociedade como a nosa, existen responsables, en distintos niveis, do sistema educativo. Estes deben tomar unha serie de decisións, deben decidir que coñecementos transmítense, de que maneira, en que lugares e momentos, quen están preparados para comunicalos, etc. Deben decidir tamén como se acredita a adquisición deses coñecementos e como se atende ás diferenzas entre o suxeitos obxecto da educación.
Todo iso no seu ámbito de actuación: O goberno do Estado, as Comunidades Autónomas nas súas competencias, os centros educativos e o profesorado.
As e os docentes necesitan, como calquera outro profesional, planificar a súa actividade. Esta planificación resulta imprescindible, por unha banda, para cumprir co estipulado por instancias superiores e contextualizalo na nosa contorna, e, por outro, para afastarse do intuicionismo e do activismo. É o que denominamos planificación didáctica, que incluiría a programación didáctica e a programación de unidades didácticas, polo profesorado para a súa tarefa cotiá.