Guia docente 2024_25
Facultad de Biología
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Formación Profesional. Sector Servizos
 Materias
  Innovación Docente e Iniciación á Investigación na Formación Profesional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Actividades de aula e observación e seguimento da asistencia e a participación do alumno ou alumna. 20 C25
C26
D1
D3
Traballo Texto elaborado como proxecto de innovación docente e que ha de redactarse seguindo unhas normas establecidas. 40 C24
C25
C26
D1
D3
Traballo Texto elaborado como proxecto de investigación educativa e que ha de redactarse seguindo unhas normas establecidas. 40 C26
C27
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Alumnado da modalidade de Avaliación
Continua:

Para o alumnado que opte pola modalidade de Avaliación
Continua
, as actividades de aula e os traballos de innovación docente e de investigación educativa, serán obrigatorios. Ademáis, computarase a asistencia a
clase, que tamén será obrigatoria (requírese a asistencia regular a polo menos
o 80% das sesións). Os traballos entregaranse a través da plataforma (Moovi),
segundo o calendario que se estableza. 

Para aprobar a materia será necesario
obter polo menos o 50% da cualificación proposta en cada apartado obxecto de
avaliación: Traballo tutelado, Traballo de Innovación e Traballo de Investigación. Os e as estudantes que non superen algunha destas probas de avaliación, poderán recuperala/s na convocatoria de xullo.

 

Alumnos da modalidade de Avaliación
Global:

O alumnado que non poida seguir a avaliación
continua, o indicará ao docente a
primeira semana de clase, e realizará unha proba dos contidos da materia na data marcada
no calendario do mestrado para os exames oficiais. Esta proba basearase no
rigor e afondamento nos coñecementos e competencias que debe acadar o alumnado
na materia, suporá o 100% da nota final, e estará estructurada da
seguinte forma: unha parte, con preguntas obxectivas: 40%; outra parte,
con preguntas curtas e/ou de desenvolvemento: 40%; e unha parte, con supostos
e/ou casos prácticos: 20%. Os pormenores e características de dita
proba serán concretados polo profesorado o día da presentación da materia ou
cando se faga a consulta persoalmente.

Para superar a materia, o alumnado de avaliación global, haberá de obter, como
mínimo o 50% da nota proposta en cada unha das probas de avaliación sinaladas. Os e as estudantes que non superen algunha das probas de avaliación,
poderán recuperala/s na convocatoria de xullo.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000