Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Vigo): Ciencias Experimentais. Matemáticas e Tecnoloxía
A materia de "Organización da Aula-Obradoiro de Tecnoloxía" plantéxase, neste master, como un
complemento específico de formación do futuro profesorado na área de Tecnoloxía da ESO, Tecnoloxía Industrial, Electrotecnía e Informática, que, proveniente de distintos ámbitos científicos e tecnolóxicos, deben coñecer unha ampla variedade de contidos que se cursan nos respectivos ensinos da Educación Secundaria e Bacharelato, coa idea de potenciar nos/as futuros/as docentes as competencias necesarias para o desenvolvemento da súa labor docente, e así seren quen de deseñar e programar proxectos e actividades propias desta materia.