AVALIACIÓN EN 1ª CONVOCATORIA: Modalidade de avaliación continua: Para pasar satisfactoriamente a materia recomendase asistir a clase, a asistencia a clase e a realización dos traballos para a avaliación continua son obrigatorias. Por causas xustificadas está permitido faltar, como máximo, ó 20% das clases presenciais. A puntuación final será a suma das puntuacións obtidas en cada unha das partes. Os prazos das entregas das actividades, traballos, etc. serán comunicados polo profesorado na clase e é necesario cumprilos para ser cualificados na avaliación continua. Modalidade de avaliación global: Aquel alumnado que por circunstancias xustificadas non poida asistir regularmente as clases deberá comunicarllo ó profesorado. A avaliación a adoptar con este será unha proba escrita do 100% da puntuación e terá preguntas de tipo teórico e práctico ao redor dos contidos nucleares da materia. AVALIACIÓN EN 2ª CONVOCATORIA: O estudantado que non supere as competencias na convocatoria de xanerio (primer cuadrimestre) terá que facer a avaliación global no mes de xullo. As competencias non adquiridas na convocatoria de xanerio poderán ser recuperaras na convocatoria de xullo. Neste caso, materase as notas das probas/actividades superadas ata esta segunda convocatoria para o estudantado que se acolleu na 1ª convocatoria a modalidade de avaliación continua. Nota: O alumnado ten que notificar que modalidade de avaliación elixe, global ou continua nos primeiros 10 días dende que inicia a materia. |