MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTÍNUA
As probas de avaliación contínua, tanto presenciais como telemáticas, realizaránse sempre dentro do horario asignado ás aulas lectivas da materia. Para acadar unha avaliación continua positiva, dada a modalidade de ensino presencial do Master, esíxese a todo o
alumnado unha asistencia presencial dun mínimo do 80% das sesións (admisible a falta do 20% das horas) ademais da
realización e entrega de tarefas ponderables.
Os prazos de entrega das actividades, traballos, etc. serán comunicados na clase no momento oportuno. É
necesario respetalos estrictamente para ser cualificados na avaliación continua.
De non ter superada a avaliación contínua, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.
As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª,considerándose,polo tanto,como
aprobadas nese curso académico.
MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL
A elección da modalidade de avaliación global suporá a renuncia á avaliación contínua. O alumnado non asistente deberá
contactar a inicio de curso cos docentes da materia e optarán por unha avaliación global. Aquel alumnado que non cumpra o
requisito de asistencia mínima (en torno ó 80% das clases ) pasará a ser considerado alumnado non asistente, optando por unha avaliación global.
O alumnado que opte por esta modalidade, poderá presentarse a unha proba escrita (data marcada no calendario do mestrado para exames oficiais)sobre todos os contidos traballados. Esta proba estará basada na rigurosidade e profundización dos coñecementos e
competencias acadadas polos alumnos/as na materia e terá una ponderación de 10 puntos (100% da nota final).