Guia docente 2024_25
Facultad de Biología
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Experimentais. Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química
 Materias
  Didáctica das Ciencias Experimentais na Educación Secundaria
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. O alumnado tomará notas de aula e fará o desenvolvemento destes contidos ampliando aqueles aspectos máis significativos.
Debate Presentación individual ou en pequeno grupo e coloquio interactivo en grupo - clase sobre aspectos temáticos dos contidos da materia, sobre a análise dunha situación de aprendizaxe, do resultado competencial dunha actividade experimental e da formulación de propostas de resolución dun problema práctico.
Traballo tutelado A/O estudante, de maneira individual, elabora un documento proposta sobre unha situación de aprendizaxe de carácter de actividade experimental para unha das materias de ciencias da educación secundaria, tomando como referencia os decretos curriculares de Galicia e detallando as competencias que se buscan propiciar.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000