Código |
Descrición |
B4 |
Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursada. |
B7 |
Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sustentable. |
B8 |
Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por se mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais. |
B16 |
Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación. |
B17 |
Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional. |
C8 |
Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá. |
C14 |
Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. |
C15 |
Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos. |
C16 |
Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. |
C17 |
Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares |
C18 |
Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes |
C23 |
Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. |
C28 |
Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización. |
C29 |
Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente. |
D1 |
Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet. |
D2 |
Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións. |
D3 |
Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios |