Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas |
Presentación dunha memoria final na que se recollerá a metodoloxía, materiais, datos obtidos, análise estatística, representación gráfica e discusión dos resultados obtidos, incluíndo toda a bibliografía consultada. |
40 |
A4 A5
|
B4 B7
|
C4 C10 C11 C12 C19 C20
|
D4 D5
|
Dado que as actividades de formación e avaliación continua programadas dentro das Prácticas de Laboratorio e dos Seminarios deseñadas para formar ao alumnado en habilidades e competencias directamente relacionadas co exercicio da profesión no campo do da biotecnoloxía aplicada á produción vexetal, a asistencia e participación do alumnado en ambas as actividades avaliables é obrigatoria, de tal maneira que a ausencia ou non realización inxustificada destas actividades impedirá superar a materia. Por tanto, considerando a natureza práctica e os resultados de formación e aprendizaxe que se perseguen alcanzar con ambas as metodoloxías, o alumnado que opte pola modalidade de avaliación global tamén deberá realizar obrigatoriamente estas actividades.
Será imprescindible obter en cada unha das partes, polo menos un 40 % do total da avaliación, para compensar.
Os alumnos que non cumpran este requisito na primeira oportunidade serán cualificados na acta coa nota máis alta alcanzada nas partes suspensas, e deberán repetir na segunda oportunidade (xullo) a proba relativa á parte ou partes nas que non alcanzasen o 4,0. Loxicamente, os alumnos que se atopen nesta situación conservarán a nota da/s parte/s superada/s (≥4,0) en primeira oportunidade e das Prácticas e Seminarios, para telas en conta na nota final. Na segunda oportunidade, será tamén imprescindible alcanzar o 4,0 en todas as partes obxecto de recuperación. Os informes de prácticas e seminarios que se deban superar na segunda convocatoria realizaranse de forma individual . No caso das prácticas, unha vez superadas, se garda a nota para o curso seguinte. Aspectos éticos, perseguirase o plaxio nos traballos, así como copiar doutros estudantes durante as probas de avaliación. podendo ser motivo de redución da nota e mesmo de obter un suspenso na materia. Esta conduta dolosa será sancionada coa firmeza e rigor que estableza a normativa vixente e pode supoñer a suspensión da materia durante todo un curso.
As datas dos examenes indícanse na seguinte ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exa |