A avaliación da materia de Bioquímica II é
continua ao longo do curso cadémico. Para ser avaliado deste xeito, o alumno
deberá realiar todas as actividades propostas (prácticas laboratorio,
seminarios e duas probas escritas). As situacións particulares que impidan a
participación nas actividades (prácticas laboratorio e seminarios) de forma
habitual (exemplo: contrato de traballo, enfermidade,......etc) deberán ser
comunicadas á maior brevidade posible ao profesor para buscar unha solución. A asistencia é obligatoria no caso
de seminarios e prácticas de laboratorio, permitindo unha única falta de
asistencia, a cal deberá estar debidamente xustificada. Para superar a materia de Bioquímica II (nota final como a suma das notas ponderadas) é
imprescindible ter obtido unha nota igual ou superior á nota mínima esixida en
cada unha das actividades avaliables por separado. No caso de non ser así, non
se fará a suma das notas, e a nota que figurará na acta de Bioquímica II será a
maís alta dos apartados suspensos. As actividades superadas na primeira
oportunidade (maio) dun curso académico se conservan para a segunda
oportunidade (xullo). Na segunda oportunidade (xullo) non se
poden recuperar prácticas de laboratorio e seminarios, sólo se poden
realizar os exames parciais non superados na primeira oportunidade. A nota final de Bioquímica II (xullo) será a suma das notas ponderadas de cada apartado sempre que acade a nota mínima esixida (5,0 sobre 10). No caso de que o alumno non asista a ningunha
das actividades avaliables, apararecerá como NON PRESENTADO na acta de
Bioquímica II nas dúas oportunidades (maio e xullo). A realización dalgunha das
actividades avaliables propostas pero non todas implica automáticamente un
suspenso na acta de Bioquímica II (ambas aportunidades). Estes criterios aplicaránse de forma idéntica
nas dúas oportunidades. Así mesmo, o alumnado que prefira unha avaliación
global da materia de Bioquímica II deberá comunicala no tempo habilitado polo centro. O exame global
incluirá preguntas das prácticas de laboratorio, exercicios dos seminarios e
toda a parte teórica. O alumnado que non supere a materia de
Bioquímica II en ningunha das dúas oportunidades, se lles gardará a
cualificación das actividades (prácticas e seminario) durante os dous cursos
académicos seguintes, sempre que teña acadado a nota mínima esixida. Só se
repetirán as actividades non superadas. As actividades que xa foron superadas
non poderán ser reavaliadas. O calendario académico pódese consultar no
seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios O calendario de exames pódese consultar no
seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |