Guia docente 2024_25
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Microbioloxía I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesor estrutura e/ou explica os obxectivos e contidos de cada tema e responde ás preguntas formuladas polo alumnado. Ao final de cada tema, os alumnos terán as presentacións comentadas na aula, vídeos demostrativos, ligazóns a textos de acceso libre e cuestionarios de autoavaliación en Moovi. Durante o cuadrimestre o profesor avaliará ao alumnado mediante 5 probas de 25 minutos como máximo cada unha, con preguntas obxectivas e/ou de desenvolvemento.
Prácticas de laboratorio O profesor explica os fundamentos e protocolos das prácticas, supervisa a súa execución e resolve as dúbidas dos alumnos. Estes terán os protocolos e fundamentos de cada práctica en Moovi. O profesor avaliará ao alumnado mediante unha proba de preguntas obxectivas, exercicios e desenvolvemento ao final das prácticas.
Seminario En dúas sesións, o profesor organiza, asesora e supervisa as actividades integradas de aprendizaxe colaborativa a realizar en grupos de tres ou catro alumnos.

Os calendarios de clases (Seminarios, Prácticas e Teoría) pode ser consultados no seguinte enlace:
http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios/
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000