Guia docente 2024_25
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Técnicas avanzadas en bioloxía
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Técnicas avanzadas en bioloxía Código V02G030V01504
Titulación
Grao en Bioloxía
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía funcional e ciencias da saúde
Bioquímica, xenética e inmunoloxía
Coordinador/a
de Carlos Villamarín, Alejandro Leonides
Correo-e adcarlos@uvigo.es
Profesorado
de Carlos Villamarín, Alejandro Leonides
Galindo Dasilva, Juan
Magadán Mompo, Susana
Morán Martínez, María Paloma
Simón Vázquez, Rosana
Web
Descrición xeral Materia eminentemente práctica cuxa misión é a adquisición de experiencia no emprego de técnicas moleculares, celulares e histolóxicas avanzadas. Preténdese mostrar as posibilidades de tales técnicas e completar e estender os coñecementos adquiridos polo alumno na materia de técnicas básicas de laboratorio do curso primeiro de grao e nas prácticas de laboratorio das materias do curso segundo de grao. Para iso realizaranse diferentes protocolos experimentais no laboratorio que son considerados como avanzados polo seu nivel técnico e conceptual. As diferentes técnicas agruparanse en módulos segundo a súa relación con distintos áreas da Bioloxía. O método docente está principalmente baseado no traballo de laboratorio, pero tamén incorpora lecturas complementarias e ferramentas para conseguir unha integración dos coñecementos dos diversos ámbitos e poder aplicalos a un problema experimental dende diferentes puntos de vista técnicos. O material de traballo estará, polo menos en parte, en inglés.
Os horarios da materia e datas do examen pódense consultar na páxina web da facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000