Lección maxistral |
PARCIAIS
A parte teórica desta materia dividirase en dúas metades (parciais) que poden ser impartidas por un ou máis profesores (xeralmente 2). Esta parte teórica suporá o 80% da nota final (40% para cada parcial). Isto quere dicir que sobre 10, cada parcial valerá un máximo de 4 puntos.
Cada profesor encargarase do seu parte da materia. Realizarase un exame ao terminar a materia de cada parcial que constará dunhas 50 preguntas TEST con catro posibles respostas e só unha correcta. As preguntas mal contestadas penalizarán, de modo que cada 3 preguntas mal contestadas eliminarán unha ben contestada.
FINAIS 1 e 2
Cando un alumno non supere a materia por parciais poderá presentarse ao exame final con aqueles parciais que suspenda (obtido menos de 2 puntos).
Os exames finais terán a mesma estrutura que os parciais, unhas 50 preguntas por parcial e penalización polas mal contestadas.
Os finais valoraranse da mesma maneira que os parciais. |
80 |
A1 A2 A3 A4
|
B2 B3 B5 B7 B10 B12
|
C3 C5 C8 C9 C10 C16 C17 C21 C24 C28 C30 C31 C32 C33
|
D1 D4 D6 D14
|
Prácticas de laboratorio |
PRÁCTICAS
A asistencia a prácticas é obrigatoria. A ausencia non xustificada ás mesmas penalizarase con -1 punto na nota final. A ausencia xustificada documentalmente en base ás normativas vixentes non puntuará nin positiva nin negativamente.
Puntuarase unha pequena memoria de prácticas, con respostas ás preguntas do guion. Esta memoria será individual.
Este apartado constitúe o 10% da avaliación final, avaliarase en base a 1 punto para sumalo aos outros dous apartados. |
10 |
A1 A2 A3 A4
|
B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 B12
|
C6 C8 C9 C10 C16 C18 C24 C25 C28 C30 C31 C32 C33
|
D1 D4 D6 D14
|
Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5
puntos, sobre un máximo de 10, ao sumar catro valores: Parcial 1 (4)
+ Parcial 2 (4) + Prácticas (1) + Seminarios (1). As notas dos exames, prácticas e seminarios manteranse dentro
do mesmo curso. En caso de non superar a materia en devandito curso, ao seguinte considerarase como un alumno novo. |