Guia docente 2024_25
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Ecoloxía I
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Adquirir coñecementos xerais das materias básicas da bioloxía, tanto a nivel teórico como experimental, sen descartar unha maior especialización en materias que se orientan a un ámbito profesional concreto.
B6 Capacidade de aplicar os coñecementos de tipo biolóxico adquiridos na titulación nun ámbito profesional, expoñendo e argumentando as ideas de xeito claro, fundamentándoas na formación básica e especializada adquirida.
C6 Avaliar e interpretar actividades metabólicas
C7 Manipular e analizar o material xenético e levar a cabo asesoramento xenético
C8 Avaliar o funcionamento de sistemas fisiolóxicos interpretando parámetros vitais
C14 Realizar análises, control e depuración das augas
D1 Desenvolver a capacidade de análise e síntese
D3 Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000