Esta é unha materia que ofrece ao alumnado a posibilidade de traballar con tradución de textos especializados en economía e comercio. O traballo con este tipo de textos proporcionará a capacitación necesaria para continuar o desenvolvemento das competencias tradutoras, ao aprofundar na aplicación práctica dos coñecementos teóricos, terminolóxicos e de documentación adquiridos durante a formación previa.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.