Resolución de problemas de forma autónoma |
Avaliación Inicial Fase 1
Simulación de comunicación comercial con cliente nativo do Brasil/Angola/Portugal (resposta a correo electrónico con solicitude de orzamento). Esta proba representa o 5% do total da nota final.
Avaliación Inicial Fase 2
Comentario de tres fragmentos documentos económico- comerciais curtos. Esta proba representa o 5% do total da nota final.
Avaliación intercalar 1
Desenvolvemento de exercicios prácticos dirixidos á correcta aprendizaxe de técnicas e criterios axeitados para a tradución xurídica e administrativa, a través da realización de prácticas de execución de tarefas reais/simuladas, e acompañada da xustificación das escollas e decisións tomadas. Esta proba representa o 10% do total da nota final.
Avaliación intercalar 2
Resolución de exercicios de tradución específica contando co auxilio de todas as fontes de información e documentación coñecidas, tanto en soporte impreso como electrónico. Esta proba representa o 10% do total da nota final. |
40 |
A2
|
B1 B2 B3 B4 B7 B9
|
C1 C6 C7
|
D1 D5 D8 D9
|
Traballo |
Avaliación Final 1
Proxecto de Tradución - Planificación, elaboración, presentación e defensa dun proxecto de tradución de documentos de carácter comercial e/ou financeiro. Poderá incluir a corrección da propia tradución, á luz dos comentarios feitos pola profesora. Esta proba representa o 30% do total da nota final.
Avaliación Final 2
Proxecto de Glosario – tradución dun glosario de termos do ámbito comercial e/ou financeiro, con comentario das dificultades encontradas e as solucións aplicadas.
Esta proba representa o 30% do total da nota final. |
60 |
A1 A3 A4 A5
|
B5 B6
|
C2 C4 C8
|
D3 D4 D6 D7
|
Segunda edición de actas (convocatoria de xuño-xullo de 2025) A proba de xuño-xullo poderá incluir até tres partes: 1. Práctica: exercicio de tradución e posterior defensa. 2. Exercicio de escolla múltipla orientado a verificar o coñecemento da terminoloxía, en particular os falsos amigos e as zonas de «conflito» xurídico/económico. 3. Revisión crítica dun texto traducido, con especial énfase en: - identificar os criterios aplicados - analizar a súa coherencia - dificuldades e riscos das escollas realizadas - proposta argumentada de corrección (se houber)
|