Actividades introdutorias |
Introdución da materia, na fase inicial, a través de exemplos con elevado impacto de aprendizaxe co obxectivo de aumentar a plasticidade cultural e lingüística do alumno.
Utilizarase, como base para a transmisión de coñecementos, considerando que o ensino de tradución é parcialmente ensino de lingua(s) e a súa(s) cultura(s), e seguindo os usos actuais no ensino unha metodoloxía que reúna os seguintes requisitos: activa, comunicativa, orientada á autonomía na aprendizaxe e con énfase na tradución prática e na comparación de documentos tipo de ambas linguas. Farase especial fincapé no concepto de tradución como mediación. |
Estudo de casos |
Presentación de materiais auténticos (traducións, correspondencia comercial, orzamentos) para observar, analisar, cuestionar e debater na clase, ata conseguir organizar a forma de abordar a tradución establecendo métodos, priorización de aspectos (como literalidade ou adaptación ás formas locais).
Utilizarase, como base para a transmisión de coñecementos, unha metodoloxía que reúna os seguintes requisitos: activa, comunicativa, orientada á autonomía na aprendizaxe, mais aplicando a tradución monitorizada durante as clases. Farase especial fincapé no concepto de tradución como mediación. Para isto, crearemos un método de achegamento ao texto que incluirá una reflexión sobre o obxecto, o destinatario, o contexto e os criterios a aplicar en caso de que se faga necesaria a “perda de información”. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
Análise e debate dos traballos realizados, co obxectivo de que o alumno se constrúa como suxeito intercultural, mediador e capaz de tomar decisións relevantes en base a xerarquías de obxectivos e prioridades establecidas por el mesmo ou polo cliente.
Utilizarase, como base para a transmisión de coñecementos, unha metodoloxía que reúna os seguintes requisitos: activa, comunicativa, orientada á autonomía na aprendizaxe, mais aplicando a tradución monitorizada durante as clases. Farase especial fincapé no concepto de tradución como mediación. |