Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Estratexias de tradución exportación/importación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Estratexias de tradución exportación/importación Código V01M128V11228
Titulación
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 1 2c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Inglés
Outros
Prerrequisitos
Coordinador/a
Álvarez Lugrís, Alberto
Ferreiro Vázquez, Óscar
Correo-e alugris@uvigo.gal
oferreiro@uvigo.es
Profesorado
Abreu López, Lorena
Ferreiro Vázquez, Óscar
Web http://http://paratraduccion.com/limiares/exportacion-importacion/
Descrición xeral A Negociación Internacional é un proceso no que dúas partes negociadoras (en xeral empresas), pertencentes a distintos países, tratan, aproximando posicións, de chegar a un acordo aceptable para ambas as partes que lles permita crear, manter ou desenvolver unha relación.
Son moitas as diferenzas entre unha negociación internacional e outra nacional, aínda que as máis relevantes son as diferenzas culturais entre as partes, o que dificulta a chegada de acordos. Isto é o que se chama negociación intercultural. Sen dúbida, a lingua é unha das grandes barreiras culturais ás que nos teremos que enfrontar. Coñecer con exactitude os principais conceptos e termos que entran en xogo nos contratos internacionais á hora de realizar funcións de tradución e interpretación será fundamental para evitar malentendidos ou pór en risco un acordo exitoso para ambas as partes. Igualmente clave é coñecer e interpretar correctamente a linguaxe non verbal así como os aspectos protocolarios que identifican as distintas culturas coas que nos sentamos nas mesas de negociación internacionais e que implican o uso de diferentes estratexias e tácticas comerciais.
Un exemplo de terminoloxía que cómpre estudar son os Incoterms®2020. Aínda que o seu uso non é obrigatorio, unha vez incluídos nun contrato de compravenda, simplifican moito a operación comercial, establecendo claramente as responsabilidades do vendedor e do comprador con respecto aos custos e riscos inherentes ao transporte. Os Incoterms® son estándares establecidos pola Cámara de Comercio Internacional (ICC) cuxo uso non é obrigatorio pero si recomendable en calquera operación de venda internacional xa que pode evitar moitos problemas en caso de litixios.
O perfil de estudantes con grandes capacidades e coñecementos lingüísticos é moi demandado polas empresas con actividade internacional. Se ben é certo, estes estudantes cualificados precisan complementar estas habilidades con coñecementos técnicos de carácter comercial para formar parte activa dos departamentos comerciais ou de importación-exportación das empresas.
Nesta materia traballaremos aqueles aspectos técnicos que achegarán un valor engadido á candidatura do alumnado, cun sólido coñecemento de idiomas, interesados en desenvolver a súa carreira profesional en empresas internacionalizadas.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000