A tradución para os servizos culturais cobre as necesidades de comunicación interlingüística no sector da economía que se desenvolve arredor de bens culturais como a arte, o lecer, o deseño, a arquitectura, a publicidade, a gastronomía ou o turismo.
Esta materia de mestrado pretende ampliar os contidos da materia impartida no grao de T&I e ofrecer ferramentas para analizar cales son os elementos que cómpre ter en conta no estudo de proxectos de T&I nunha actividade que ten cada vez maior interese no mercado da T&I para os servizos culturais.