Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Tradución e patrimonio
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Tradución e postedición de segmentos de proxectos representativos das dificultades máis características da tradución de textos sobre contidos patrimoniais. 40 A3
A5
B2
B3
B7
B8
B9
C3
C4
D1
D5
D7
D9
Saídas de estudo Informe individual ou grupal redactado a partir das observacións realizadas durante a saída de estudos. O informe poderá redactarse en galego, inglés, español ou francés. O informe empregará as ferramentas conceptuais facilitadas polo docente. 20 A2
A3
A4
A5
B2
B3
B7
B8
B9
C2
C3
C4
C5
D1
D5
D7
D9
Resolución de problemas e/ou exercicios A actividade consiste en traducir en modo non presencial un texto en/fr > gl/es, tendo especial coidado na execución dos procedementos propios da tradución de proxectos de visita cultural, tanto en espazos turísticos como expositivos. O proceso de tradución descomporase en fases, para deste xeito favorecer un diálogo construtivo entre cada estudante e o docente. Favorecerase o emprego de ferramentas TAO. 40 A3
A5
B1
B2
B3
B7
B8
B9
C3
C5
D1
D2
D5
D7
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
AVALIACIÓN CONTINUA

A asistencia a todas as sesións presenciais é obrigatoria, aínda que excepcionalmente se poderá latar a unha das sesións. Buscaranse solucións para garantirlle a avaliación continua a aquel alumnado que, por razóns laborais ou outras causas xustificadas, non poida asistir ao conxunto das sesións. Se as condicións o permiten, unha das sesións consistirá nunha saída de campo dunhas catro horas de duración.



CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (segunda edición de actas) de XUÑO-XULLO de 2025

O alumnado de avaliación continua que non aprobe ao finalizar a convocatoria ordinaria de maio-xuño terá que presentarse á convocatoria de segunda edición de actas, en xuño-xullo de 2025.

O
alumnado que non pase pola avaliación continua terá que presentarse directamente á convocatoria de segunda edición de actas, en xuño-xullo de 2025.

O exame da convocatoria de xuño-xullo de 2025 consistirá en realizar unha tradución relacionada co espectro temático da materia, e un comentario sobre o tipo de decisións tomadas durante o proceso de tradución. O comentario seguirá as pautas especificadas de antemán polo docente. O 80 % da nota calcularase a partir dos resultados obtidos na tradución, e o 20 % calcularase a partir dos resultados obtidos no comentario da tradución.

As linguas de traballo
admitidas para a tradución, o comentario e as demais actividades son o inglés, o francés, o español e o galego, sendo as linguas meta o galego e o español.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000