Código |
Descrición |
A4 |
Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
A5 |
Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo. |
B1 |
Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar
criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos. |
B2 |
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
B3 |
Capacidade dos/as estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora. |
B4 |
Capacidade dos/as estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais |
B5 |
Capacidade dos/as estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster |
C3 |
Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística. |
C5 |
Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido. |
C7 |
Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia,
asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística. |
C8 |
Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística
especializada. |
C9 |
Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación
(identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar
datos, manexo de bases de datos, etc.) |
D1 |
Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
D7 |
Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
D8 |
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance
socioeconómico e cultural da sociedade
|