Código |
Descrición |
A1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación. |
A2 |
Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A4 |
Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
A5 |
Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo. |
B1 |
Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar
criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos. |
B4 |
Capacidade dos/as estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais |
C1 |
Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística |
C2 |
Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas. |
C3 |
Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística. |
C5 |
Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido. |
C8 |
Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística
especializada. |
C9 |
Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación
(identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar
datos, manexo de bases de datos, etc.) |
D6 |
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben
enfrontarse. |
D8 |
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance
socioeconómico e cultural da sociedade
|