Planificación temporal prevista para as actividades de avaliación: - Presentacións / exposicións dos traballos tutelados: semanas 9ª e 10ª - Estudo de casos / análises de situación: nas semanas 3ª y 6ª - Resolución de problemas ou exercicios e foros de discusión: serán programados durante as clases durante o desenvolvemento da docencia.
Se se precisan adaptacións por razón de discapacidade, deberá advertirse coa debida antelación.
Terán a cualificación de "Non presentado" as e os estudantes que non entreguen ningunha proba de avaliación.
Quen non consiga superar a materia polo procedimento establecido terá unha segunda oportunidade, con vistas á segunda edición de actas. Nela manteranse as mesmas porcentaxes e condicións, salvo no caso dos traballos de exposición oral, que serán substituídos por unha nova versión escrita dos mesmos. As mesmas condicións prevense para a convocatoria de decembro.
O alumnado con dispensa académica oficial deberá facer os mesmos traballos, e será cualificado conforme ás mesmas porcentaxes. Utilizará a plataforma de teledocencia para substituír o seguimento das clases. No caso concreto do traballo tutelado e os foros de discusión, entregará unha versión escrita. Para as outras actividades, habilitaranse procedementos para que se fagan entregas adecuadas a cada actividade.
Terase en conta a orixinalidade do traballo individual. As prácticas de copia ou plaxio invalidarán a proba ou tarefa obxecto da copia e poderán supoñer o suspenso. |